jueves. 25.04.2024

A sexta onda parece remitir na comarca. En Xinzo a incidencia baixou por segundo día consecutivo. Este martes anótanse 9 casos menos que onte. Desde o pico do mércores pasado, cen contaxios activos menos. A cifra de hoxe alcanzou os 329, a máis baixa desde o 7 de xaneiro.

No resto de concellos houbo incrementos en seis. Sandiás chega aos 38 casos activos. E descensos en Calvos e Sarreaus, mentres Trasmiras e Porqueira repetiron datos. En total, 193 contaxios rexistrados fóra da capitalidade, apenas dous mais que o luns, polo que a cifra global cae dos 529 aos 522.

No cribado do luns en Xinzo non se rexistrou ningún positivo, informou esta mañá o SERGAS. Das 200 persoas que reservaron praza, acudiron 179 e todos os test deron resultado negativo. Mañá e o venres volve haber test de antíxenos, e aínda quedan prazas para os dous días. 

Así están os rexistros
BALTAR  (variación +1)  17 (activos)
OS BLANCOS  (+1)  14
CALVOS DE RANDÍN (-1)  3
PORQUEIRA  (=)  20
RAIRIZ DE VEIGA (+1)  27
SANDIÁS (+4)  38
SARREAUS (-2)  21
TRASMIRAS  (=) 18
VILAR DE BARRIO (+1)  15
VILAR DE SANTOS  (+1)  20
XINZO DE LIMIA  (-9)  329

En calquera caso, Xinzo é unha excepción. Nos cribados realizados en Ourense, Allariz, O Carballiño e O Barco si se detectaron positivos. En total, un 14% das probas rexistraron resultado positivo.

A dispoñibilidade de prazas para os cribados de mañá e do venres pode consultarse nesta ligazón.

CORONAVIRUS NA LIMIA | Continúa o descenso moderado nas cifras de contaxios por covid-19