A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, anunciou nun post na súa páxina de Facebook que o SEGAS organizará un cribado masivo con test de antÃxenos de saliva para todas as persoas do concello de Xinzo e comarca que o desexen, agás aquelas que están illadas ou en corentena. O cribado realizarase durante tres dÃas da próxima semana: luns (dÃa 10), mércores (12) e venres (14). O lugar elixido será o salón de plenos da Casa do Concello de Xinzo; e o horario, entre as 15:30 e as 20:30 horas.
É necesario realizar unha inscrición previa na web habilitada polo SERGAS: https://coronavirus.sergas.gal/cribado/ As usuarias e os usuarios poden rexistrarse seleccionando primeiro a área sanitaria, o seu concello (en calquera das tres datas sinaladas) e unha quenda, e despois introducir os seus datos persoais, activar o mecanismo de confirmación e, finalmente, enviar [ver imaxe arriba].
O SERGAS realizará cribados en Allariz, Bande, Castro Caldelas, Celanova, Coles, Maceda, O Carballiño, Pobra de Trives, Ribadavia e Viana do Bolo. Segundo a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, este cribado obedece á elevada incidencia no número de casos que se están confirmando, e á posibilidade de que moitos asintomáticos poidan estar transmitindo o virus. Lama anima á veciñanza a acudir ás probas, "sobre todo aquelas persoas menores de 50 anos".