viernes. 26.04.2024

[atualización das 15:00 horas] O número de casos rexistrados de covid-19 na comarca da Limia sitúase nos 524 este xoves [e non 624 como por erro se indicaba na información das 14:00 horas]. Son 75 menos que onte. Desde o SERGAS advirten que a estatística sufriu variacións pola redución dos días de corentena. Mais nos próximos días, tamén podería experimentar variacións á alza pola incorporación dos positivos en autotest.

Até oito concellos viron como se reduciu o número de contaxios. Só soben Calvos (+1), Porqueira (+1) e Rairiz (+2), ademais de Xinzo, que ten 65 casos menos e volver estar por baixo dos 400 casos.

Así están os rexistros:
    • Baltar: 15 (-4) 
    • Os Blancos: 15 (-3)
    • Calvos de Randín: 4 (+1)
    • Porqueira: 16 (+1)
    • Rairiz de Veiga: 16 (+2) 
    • Sandiás: 29 (-1)
    • Sarreaus: 28 (-1)
    • Trasmiras: 13 (-3)
    • Vilar de Barrio: 8 (-1)
    • Vilar de Santos: 15 (-2)
    • Xinzo da Limia: 365 (-65)

Desde o SERGAS advirten que a estatística sufrirá variacións, tanto á alza, pola incorporación dos positivos en autotest, como á baixa, pola redución dos días de corentena.

Mapa de incidencia acumulada por concellos, en https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia.

CORONAVIRUS A LIMIA | A curva ascendente parece frear, Xinzo baixa 65 casos nun día