viernes. 03.05.2024

En Xinzo de Limia o número de casos activos reduciuse en 4 este mércores a respecto de onte. Tamén baixaron os rexistros en Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz, Sandiás, Trasmiras e Vilar de Santos. No conxunto da comarca hai hoxe 292 contaxios rexistrados, o 60% concéntranse en Xinzo,que ten 178.

A excepción na tendencia xeral á baixada é Vilar de Barrio. Hoxe volven subir alí os números. Rexistra 2 casos máis que onte e xa é o segundo concello por detrás de Xinzo en cantidade. Ten 21 casos activos.

O SERGAS informou esta mañá que na provincia de Ourense a cifra de casos está nos 6.015. En Xinzo, o número de casos novos nos últimos catorce días (até onte) é de 239; a incidencia nos últimos sete días é de 106 casos novos. 

Así están os rexistros
BALTAR  (variación -1)  3 (activos)
OS BLANCOS  (-1)  13
CALVOS DE RANDÍN (=)  8
PORQUEIRA  (-1)  13
RAIRIZ DE VEIGA (-1)  9
SANDIÁS (-1)  14
SARREAUS (=)  12
TRASMIRAS  (-1) 5
VILAR DE BARRIO (+2)  21
VILAR DE SANTOS  (-2)  16
XINZO DE LIMIA  (-4)  178

CORONAVIRUS A LIMIA | Lento descenso dos casos activos na comarca