sábado. 27.04.2024

Este martes 15 de febreiro foi o primeiro día do ano dos que se deron datos no que non houbo aumento de casos activos de covid-19 en ningún dos concellos da Limia. En sete concellos baixaron as cifras. Hai 14 menos que onte no conxunto da comarca. E en catro concellos (Baltar, que segue a cero; Sarreaus, Vilar de Barrio e Vilar de Santos) non houbo variación.

A Limia ten anotados hoxe 182 casos activos. É unha das cifras máis baixas no que vai de 2022. Pero a curva aínda non regresou aos niveis de finais do ano pasado. En Xinzo, que a día de hoxe concentra case o 70% dos contaxios, o descenso segue a ser moi lento. 

Con datos de onte ás 18:00 horas, o SERGAS informa que a incidencia en Xinzo nos últimos 7 días mantense estábel. O número de novos contaxios nese período é de 71, un máis que o que reflectía onte esa estatística. O temido efecto do inicio do Entroido aínda non se aprecia na estatística.

Así están os rexistros
BALTAR  (variación =)  0 (activos)
OS BLANCOS  (-2)  7
CALVOS DE RANDÍN (-1)  2
PORQUEIRA  (-1)  4
RAIRIZ DE VEIGA (-2)  7
SANDIÁS (-2)  14
SARREAUS (=)  2
TRASMIRAS  (-1) 3
VILAR DE BARRIO (=)  16
VILAR DE SANTOS  (=)  1
XINZO DE LIMIA  (-5)  126

No resto dos concellos, con Baltar a cero por terceiro día consecutivo e sen novos casos nos últimos 14 días, segundo os datos do SERGAS, Vilar de Santos (hoxe con 1 rexistro) e Calvos (con 2), tamén sen novos contaxios anotados en 7 sete días, presentan as mellores expectativas.

Na provincia de Ourense permanecen activos 3.844 casos. Os últimos falecementos de pacientes con covid-19 na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco foron unha muller de 96 anos, o día 11; e un home de 71 anos, o día 13.

CORONAVIRUS A LIMIA | Primeiro día no que vai de ano de baixada xeralizada dos casos...