lunes. 09.12.2024

O incio da semana rexistra unha gran estabilidade nos contaxios por Covid -19 entre a poboación da Comarca da Limia.

Soben levemente os positivos en Vilar de Barrio -que pasa de sete contaxios a oito- , e en Trasmiras -suma un caso acadando a cifra total de dous- .

Xinzo de Limia segue unha traxectoria oposta rexistrando un menor número de contaxios -resta dous positivos aos 28 do fin de semana, rexistrando un resultado de 26- .

Calvos de Randín, Porqueira e Sandiás, concellos que continúan con contaxios entre a súa poboación, non sofren cambio algún. Do mesmo xeito ocorre en Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Sarreaus e Vilar de Santos, grupo que mantén as súas cifras a cero positivos.

Así queda o rexistro de casos activos na Limia este luns día 30:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 3
  • Porqueira: 8
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 2
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 2 (+1)
  • Vilar de Barrio: 8 (+1)
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 26 (-2)

 

CORONAVIRUS A LIMIA | Descenden os positivos en Xinzo e aumentan levemente en Vilar de...