jueves. 25.04.2024

O Concello de Xinzo de Limia experimentou na xornada deste xoves unha notable baixada de contaxios por coronavirus. O municipio pasa de ter un total de 12 casos activos no día de onte a só 8 positivos na actualidade -descende catro cifras- .

Vilar de Barrio é outro dos membros da comarca da Limia que rexistra unha diminuición de positivos, concretamente só un -remata con 3 casos en total dos 4 do día anterior- .

O resto de concellos non presenta variacións nas súas cifras.

Así queda o rexistro de contaxios por Covid - 19 na Limia o 9/09:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 1
  • Porqueira: 3
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 1
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 3
  • Vilar de Barrio: 3 (-1)
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 8 (-4)

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo sitúase por debaixo da decena de positivos