viernes. 03.05.2024

Hai un mes, o 3 de xaneiro, Xinzo rexistraba 134 casos activos de covid-19. Hoxe, 3 de febreiro, o termo municipal aínda conta 174 casos. Mais a principios de ano a curva ía disparada cara arriba e unha semana máis tarde os contaxios triplicábanse. Agora, na véspera do arranque do ciclo do Entroido, a curva leva dúas semanas en lento retroceso. As tendencias son opostas, mais o risco non desapareceu.

Os datos deste xoves volven reafirmar que o descenso será moi lento. Xinzo anota catro contaxios menos que onte, e no conxunto da comarca son sete menos, para un total de 285. A respecto de onte, hai menos casos nos Blancos, Porqueira, Vilar de Barrio e Xinzo; mentres aumentaron en Calvos, Rairiz e Trasmiras.

A respecto de hai unha semana, o xoves 27, o número de casos activos no conxunto da comarca baixou en 87, o que supón unha caída dun 23%. 

Así están os rexistros
BALTAR  (variación =)  3 (activos)
OS BLANCOS  (-2)  11
CALVOS DE RANDÍN (+1)  9
PORQUEIRA  (-2)  11
RAIRIZ DE VEIGA (+1)  10
SANDIÁS (=)  13
SARREAUS (=)  12
TRASMIRAS  (+1) 6
VILAR DE BARRIO (-1)  20
VILAR DE SANTOS  (=)  16
XINZO DE LIMIA  (-4)  174

Con datos de onte ás 18:00 horas, o SERGAS informa que nos últimos sete días se rexistraron 104 casos novos en Xinzo, e que nos últimos 14, o número de casos detectados foi de 230; é dicir, os contaxios reducíronse un 17% nos últimos sete días a respecto do mesmo período anterior

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo entra no Entroido nos niveis de hai un mes, pero coa curva...