jueves. 18.04.2024

Dende o mércores desta semana, o Concello de Xinzo de Limia, rachaba coa sua estabilidade en cifras contaxios por coronavirus e comezaba a ascender progresivamente ata lograr a cifra de cinco positivos totais rexistrados na xornada de hoxe -sumando só un contaxio novo dende onte- .

A vila é, xunto ao Concello de Baltar, dos únicos territorios de toda a comarca da Limia que amosa casos activos nos datos actuais. O resto de municipios conformantes continúan a permanecer libres de Covid - 19.

Así queda o rexistro de contaxios na Limia o 8/10:

  • Baltar: 2
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 0
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 0
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 0
  • Vilar de Barrio: 0
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 5 (+1)

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo presenta unha tendencia ascendente en contaxios