lunes. 11.11.2024

Cun incremento do 12% entre o luns e hoxe martes, o concello de Xinzo de Limia sitúase moi preto dos catrocentos casos activos de covid-19. O número de rexistros sobe en 42 até os 391. A suma do resto de concellos alcanza os 153 contaxios, para un total comarcal de 544. Chaman a atención os datos de Sandiás e Sarreaus, que elevan os datos a 25 e 27 casos respectivamente. Cun incremento en Sarreaus de máis do 40% a respecto do primeiro día da semana.

Así están os rexistros:
    • Baltar: 18 (+2) 
    • Os Blancos: 18 (+1)
    • Calvos de Randín: 3 
    • Porqueira: 13 (+5)
    • Rairiz de Veiga: 13 
    • Sandiás: 25 (+5)
    • Sarreaus: 27 (+8)
    • Trasmiras: 14
    • Vilar de Barrio: 8
    • Vilar de Santos: 14 (+4)
    • Xinzo da Limia: 391 (+42)

No lado oposto, Calvos de Randín mantense nos 3 contaxios que vén rexistrando desde o venres. Mentres en Rairiz de Veiga, Trasmiras e Vilar de Barrio a cifra non variou desde onte.

Mañá volverán a realizarse test de antíxenos na Casa do Concello de Xinzo de Limia. No conxunto da área sanitaria de Ourense, segundo informa o SERGAS, os test están ofrecendo unha taxa de positividade do 10%. Así, con datos da pasada fin de semana, dos 3.820 realizados na provincia, 341 detectaron o contaxio.
 

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo sitúase no teito dos catrocentos casos activos