martes. 07.05.2024

Xinzo de Limia actualmente conta con seis casos activos de COVID-19, sendo o único concello da bisbarra que non está libre de virus. O resto de municipios non rexistraron ningún contaxio nos últimos días e mantéñense estables.

En termos xerais, son moi boas cifras para a comarca da Limia, tendo en conta que acaba de rematar a Semana Santa e o bo tempo que acompañou á ponte de San Xosé.

Durante as últimas semanas os casos non fixeron máis que baixar, sendo o último brote importante rexistrado o da Residencia de Santa Mariña, en Xinzo.

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo, a tan só seis casos de quedar libre de Covid-19