Mércores. 22.03.2023
Xa son tres os concellos da Limia que rexistran positivos

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo suma novos contaxios tras estar só tres días sen casos activos

Centro de Saúde de Xinzo de Limia, zona de Urxencias.
Zona de Urxencias do Centro de Saúde de Xinzo de Limia.

O Concello de Xinzo de Limia levantouse hoxe con malas novas no tocante ao rexistro das cifras de contaxios por coronavirus. A vila formaba parte, dende o pasado martes día dous deste mes, do grupo de municipios libres da Covid - 19. Unha situación que cambiou completamente nesta xornada ao sumar tres novos positivos.

Xinzo pasar así a igualar ao Concello de Porqueira en contaxios. Este territorio non amosa variacións e continúa a presentar tres casos activos dende o mércores tres de novembro.

Tampouco se rexistran cambios en Vilar de Santos, municipio que segue a contabilizar un só positivo.

O resto de concellos conformantes da comarca da Limia manteñen as súas cifras de contaxios a cero.

Así queda o rexistro de positivos na Limia o 5/11:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 3
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 0
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 0
  • Vilar de Barrio: 0
  • Vilar de Santos: 1
  • Xinzo de Limia: 3 (+3)

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo suma novos contaxios tras estar só tres días sen casos activos
comentarios