martes. 23.06.2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal)Martín Alemparte, reuniuse este luns co alcalde de Xinzo de LimiaAmador Díaz, nun encontro celebrado na sede da Consellería do Medio Rural en Santiago de Compostela.

A reunión serviu para avaliar diferentes vías de colaboración entre a axencia e o Concello de Xinzo de Limia en materia de impulso á formación agraria, un ámbito estratéxico para unha comarca como A Limia, unha das principais zonas de produción agropecuaria de Galicia.

Agacal, dependente da Consellería do Medio Rural, ten entre as súas competencias o fomento da actividade formativa, así como o desenvolvemento da I+D+i e a transferencia de coñecementos ao sector agroalimentario.

O director de Agacal e o alcalde de Xinzo analizan posibles proxectos conxuntos de...