miércoles. 24.06.2026

subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, supervisou este mércores o dispositivo de seguridade integrado pola Garda Civil, Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Cruz Vermella para garantir o normal desenvolvemento do Entroido de Xinzo de Limia, que comezará o vindeiro sábado, 24 de xaneiro, co tradicional Petardazo e se prolongará ata o 22 de febreiro.

 

Eladio Santos presidiu a Xunta Local de Seguridade ordinaria do Concello de Xinzo de Limia, na que tamén participaron o alcalde, Amador Díaz; a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Alida Iglesias, así como representantes da Xunta de Galicia, da Garda Civil e da Policía Local.

 

Tras o encontro, o subdelegado do Goberno animou a veciños, veciñas e visitantes a desfrutar dos festexos con responsabilidade e cumprindo as normas, co obxectivo de evitar danos. Destacou que o dispositivo contará cun importante reforzo de persoal para garantir o correcto desenvolvemento da programación e apelou, como sempre, á colaboración cidadá.

Eladio Santos durante a Xunta Local de Seguridade en Xinzo de Limia.
Eladio Santos durante a Xunta Local de Seguridade en Xinzo de Limia.

 

Durante a reunión abordouse o control de aforo previsto para o sábado, 24 de xaneiro, nos puntos de acceso á Praza Carlos Casares a partir das 21:00 horas, unha medida orientada a previr riscos e protexer ás persoas asistentes. Ademais, quedará prohibido o acceso con obxectos de vidro, como botellas ou vasos.

 

A Xunta Local de Seguridade tamén analizou a evolución das cifras de criminalidade no municipio. Eladio Santos felicitou á Garda Civil, xa que no ano 2025 a porcentaxe de esclarecemento foi 11 puntos superior á do ano anterior e o número total de infraccións penais reduciuse en máis dun 5%, cun descenso nos delitos contra o patrimonio, contra as persoas e contra a liberdade sexual.

 

En canto á violencia de xénero, Xinzo de Limia forma parte do Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioGén). No municipio hai 27 casos activos, dos 572 rexistrados na provincia de Ourense, polo que o subdelegado advertiu da necesidade de non baixar a garda e subliñou que é imprescindible a implicación de todas as Administracións para combater esta lacra.

Eladio Santos confirma un "importante reforzo de persoal" para garantir un "Entroido...