viernes. 26.04.2024

A pesares que neste pasado ano 2020 non se puidera celebrar o Esquecemento en Xinzo de Limia debido a crise pandémica, este 2021 non será así. Grazas ao esforzo da Asociación Civitas Limicorum coa colaboración da concellería de Cultura dende o venres día 20 ata o domingo día 22 poderase disfrutar da famosa celebración Limián.

O evento contará con mais dunha decenda de propostas culturais extendidas principalmente por tres puntos clave ao aire libre -o Toural, a Praza Carlos Casares e a Praza de San Roque-, todas elas baixo unha serie de normas sanitarias acordes á nova normalidade. Na Alameda do Toural levarase un control moi estricto para a prevención do Covid - 19 mediante o uso obrigado de mascarillas, a limpeza de mans, a toma de temperatura e a distancia requerida.

A celebración iniciarase ás 22:00 horas do venres cun espectáculo de fogo a mans de Hípica Celta, seguido do tradicional prendido do lume sagado. Posteriormente realizarase un concerto do grupo musical Grimorium.

As actividades do sábado comezarán ás 17:00 cun espectáculo de malabares e circo de Hípica Celta e unha hora despois levarase a cabo a entrega dos premios Bispo Idacio. Sobre ás 21:30 ofrecerase un concerto de Os da Porfía seguido de novo dunha actuación de lume por parte de Hípica Celta.

Ás 17:00 do domingo farase a esperada adaptación do cruce do río Lethes na Alameda do Toural. Posteriormente realizarase un novo espectáculo circense e ás 20:30 subirán ao escenario Xabier Díaz & Adufeiras deSalitre -para asistir ao concerto será necesario inscribirse chamando aos números de teléfono 649 657 627 ou 678 120 607. Finalmente, o Esquecemento rematará cunha actuación de fogo de Hípica Celta ás 22:45

Todos os espectáculos anteriormente citados levaránse a cabo no Toural, a excepción do escape room, que será o sábado e domingo na Praza Carlos Casares e os xogos e actividades infantís que se realizarán na Praza San Roque de venres a domingo en horario de 11:00 a 00:00 horas.

ESQUECEMENTO XINZO | O seu programa inclúe unha gran variedade de espectáculos culturais