miércoles. 24.06.2026

Os deputados do Grupo Parlamentario Popular Cristina Campero e José Luis Ferro destacaron o impacto do programa Bono Activa Comercio na provincia de Ourense, onde durante 2025 beneficiou a máis de 1.000 establecementos, xerou máis de 60.000 vendas e acadou máis de 3,48 millóns de euros en actividade comercial.

Durante unha visita á libraría Galaica, situada en Xinzo de Limia, os representantes autonómicos puxeron en valor o papel dinamizador desta iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia, orientada a incentivar o consumo e ofrecer apoio directo aos pequenos e medianos negocios.

Neste sentido, sinalaron que o Executivo galego manterá a súa aposta por políticas activas destinadas a reforzar o comercio de proximidade e favorecer un desenvolvemento económico e social equilibrado no territorio.

José Luis Ferro afirmou que este tipo de medidas contribúen a xerar máis actividademáis emprego e maior dinamismo nas vilas ao respaldar o comercio local con ferramentas directas.

Os deputados tamén subliñaron a boa acollida do programa en Xinzo de Limia, onde se contabilizaron máis de 5.600 operacións, cunha mobilización económica superior aos 335.000 euros.

Pola súa banda, Cristina Campero destacou que o Bono Activa Comercio serve para apoiar ao pequeno comercio e, ao mesmo tempo, para fomentar hábitos culturais como a lectura. Nesa liña, incidiu na relevancia do sector do libro dentro do programa polo seu peso económico e tamén pola súa dimensión cultural e social.

Coincidindo co Día do Libro, os representantes populares remarcaron igualmente as accións de apoio ao sector editorial e libreiro, así como o reforzo das feiras do libro en Galicia e a súa proxección exterior.

Máis de 1.000 negocios de Ourense benefícianse do Bono Activa Comercio | NOTICIAS XINZO