martes. 08.10.2024

Despois de case case catro décadas de traballo e servizo a prol da seguridade e benestar da vila, o inspector da Policía Local de Xinzo de Limia, Germán Bolaño, recibirá unha homenaxe por parte do concello no próximo pleno ordinario do día 21 de outubro.

Natural de Caracas, chegou a España con cinco anos e asentouse en Xinzo. No ano 1984 consegue acadar a praza de cabo - xefe, cun persoal que nesa época era de seis gardas. Neste 2021 celebrará a súa xubilación logo dunha longa e exitosa traxectoria profesional.

Co obxectivo de darlle o recoñecemento merecido pola súa gran adicación, o concello faralle entrega da Medalla do Concello de Xinzo de Limia na próxima sesión plenaria. "Queremos mostrar o noso agradecemento non só pola súa labor presional, senón tamén persoal", explicou a alcaldesa, Elvira Lama.

Ésta será a segunda entrega da Medalla do Concello de Xinzo, a primeira fora en horna ao capitán da Garda Civil, Casas Rivero, debido a súa gran entrega a favor da seguridade dos veciños.

NOTICIAS A LIMIA | Medalla do Concello de Xinzo para o inspector da Polícia Local,...