viernes. 04.10.2024

Despois de verse na obriga de suspender a que sería a sexta edición do Memorial de Fútbol 8 Toñito Maestro por mor da crise pandémica, a competición futbolísitica retoma a actividade neste 2021 para poder levar a cabo o ansiado torneo. Celebrarase este sábado 23 e domingo 24 nos dous campos do complexo deportivo A Moreira do Concello de Xinzo.

O evento rinde homenaxe a Toñito Maestro, veciño carismático da vila, moi querido e coñecido polos habitantes da mesma. Foi unha persoalidade vinculada ao fútbol base, destacando na axuda e adicación aos nenos que praticaban ese deporte.

O torneo conmemorativo chegou a ser referente na comunidade galega, acollendo a unha gran cantidade de clubs na competición. A cifra viuse afectada debido ao coronavirus, é por iso que nesta edición soamente se contará con seis participantes. Formarán parte do cartel o R.C. Celta, as Escolas Deportivas de Barbadás, o Pabellón Club de Fútbol de Ourense, o E.D.C. Xinzo de Limia, o Ourense C.F., e a Unión Deportiva de Ourense.

Durante a competición realízaranse catro torneos, dous nos que competirán as categorías de benxamíns -un para os de primeiro ano e outro para os de segundo ano- , e outros dous nos que se enfontarán as seccións de alevíns -tamén entre os de primeiro ano, e outro entre os de segundo ano- . Soamente poden participar no torneo os clubs que dispoñan destas catro categorías.

Os equipos participantes xogarán en dous grupos de tres equipos, unha vez finalizada esta fase, os dous gañadores de cada grupo enfontaranse nunhas semifinais. Os terceiros de cada grupo tamén competirán entre eles polo cuarto e quinto posto. As regras do xogo serán as que rexen na Federación Galega de Fútbol -agás no relativo á duración dos partidos e a aplicación de penaltis ao final dos mesmos- .

O programa do Memorial Toñito Maestro será o seguinte:

  • SÁBADO 23. CATEGORÍA ALEVÍN:

MEMORIAL TOÑITO ALEVÍNS.

  • DOMINGO 24. CATEGORÍA BENXAMÍN:

MEMORIAL TOÑITO BENXAMÍNS.

NOTICIAS A LIMIA | O VI Memorial Toñito Maestro enfrontará ás categorías de benxamíns e...