lunes. 07.10.2024

Os deputados e deputadas provinciais do PSdeG - PSOE de Ourense iniciaron onte unha peregrinación a Madrid co obxectivo de esixir un reparto xusto, equitativo e democrático dos fondos públicos da Deputación Provincial; corpo presidido polo político Manuel Baltar ao que acusan de realizar unha partición caciquil destos cartos.

Os socialistas realizarán unha andaina de medio cento de quilómetros ata a capital española baixo o lema "Un millón de pasos por Ourense", co cal pretenden reclamar o amparo das institucións estatais e do resto de España e dar fin ao reparto desigual de Baltar.

Os participantes camiñarán en quendas de catro compañeiros rotándose cada catro horas ao día, turnándose durante as 24 horas co fin de chegar á capital española o luns 15 de novembro -xusto antes do Debate de Estado da Provincia que terá lugar o día seguinte- . Na súa chegada a Madrid, visitarán as institucións estatais co obxectivo de pedir apoio ante o caciquismo do goberno presidido por Baltar.

Os nove deputados e deputadas da institución ourensá comezaron a camiñada onte ás 16:00 horas da tarde dende o Pazo Provincial. No lugar onde estiveron acompañados polos alcaldes e alcaldesas da provincia Ourensá, polos deputados e deputadas autonómicos e nacionais, o senador de Ourense, e polos concelleiros e concelleiras e resto de representantes das outras tres provinciais galegas.

Sobre as 23:30 horas da noite de onte, os participantes da peregrinación chegaban ao Concello de Xinzo de Limia en dirección Verín. Alí, a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, realizou unha serie de declacións sobre a andaina. "Este é un acto reivindicativo para pedir xustiza. Xustiza para os veciños e veciñas de Xinzo, pero tamén para todos os veciños e veciñas da Provincia de Ourense nese reparto, a dedo, que se fai dende a Deputación Porvincial".

A política destacou como "no resto das deputacións da Comunidade Autónoma, tanto como en Coruña, Lugo como en Pontevedra se reparten os cartos nun plan único para os concellos", e puxo de exemplo o caso de Pontevedra, provincia na que teñen unha porcentaxe de reparto do 32 %, mentras que na Deputación de Ourense é só do 0,03 % para os concellos. "Lóxicamente, os concellos máis beneficiados sempre son os do Partido Popular".

Elvira amosou a discriminación á que se ven sometidas todas as grande vilas gobernadas por socialistas "nunha sen razón dunha saga, que é a do señor Baltar, que segue a perpetuarse no Pazo Provincial e que esta provincia xa non aguanta máis".

É por iso que os membros do Partido Socialista, en palabras da alcaldesa, "queremos denunciar nas institucións de Madrid que este reparto nin é xusto, nin é equitativo, nin é igualitario, polo tanto por eso vamos a pelexar e vamos a camiñar as 24 horas en quendas de catro compañeiros cada catro horas e chegaremos a Madrid, se o tempo nos acompaña, o vindeiro día 15 entorno ao mediodía".

NOTICIAS A LIMIA | Elvira Lama, camiño de Madrid por un reparto equitativo dos fondos...