sábado. 20.04.2024

Ás 18:15 horas desta tarde o 112 informaba dun atropelo producido na praza San Roque de Xinzo, enfronte da tenda Antelagro.

Ao parecer a viandante estaba a cruzar a rúa no momento en que un vehículo se aproximaba. O condutor non puido evitala e impactou contra ela. Afortunadamente apenas resultou ferida, os danos só foron superficiais.

Ata o lugar do suceso trasladáronse os bombeiros do concello, ademais de Protección Civil e a Policía Local.

NOTICIAS A LIMIA | Atropelan a unha muller na praza San Roque de Xinzo