Xoves. 28.03.2024

No día de onte, o Antela F.C. daba a benvida ás últimas incorporacións do equipo co primeiro adestramento da tempada. Unha xornada que contou coas medidas anti - covid necesarias, realizando probas PCR a cada un dos xogadores e membros do equipo no momento previo ao entreno. Afortunadamente ningún dos participantes deu positivo.

Probas PCR aos xogadores do Antela F.C. FOTO: Laura Rodríguez.

O equipo conta este ano con 24 xogadores da provincia de Ourense, sendo 18 da comarca da Limia e seis de diversas zonas da terra auriense. Houbo oito novas incorporacións á formación e seis subidas dende a categoría xuvenil. No tocante aos adestradores, o primeiro posto recaeu sobre Xulio Rodríguez, e en segundo lugar, en Moncho Barxe.

Así queda a formación do Antela F.C. nesta tempada:

  1. Julián
  2. Javi Pérez -subida do xuvenil-
  3. Javi
  4. Pisto -nova fichaxe-
  5. Xabi -subida do xuvenil-
  6. Breixo
  7. Pedro Castro
  8. Belucho JR -subida do xuvenil-
  9. Borja -nova fichaxe-
  10. Carrasco
  11. Xoan Forri
  12. Quintairos
  13. Suso -nova fichaxe-
  14. Pablo Forri
  15. Manu Blanco -nova fichaxe-
  16. Pablo Videsa -subida do xuvenil-
  17. Borja Tazos -nova fichaxe-
  18. Joni
  19. Samuel -nova fichaxe-
  20. Germain -subida do xuvenil-
  21. Borja Rubén
  22. Vilela -nova fichaxe-
  23. Sergi -nova fichaxe-
  24. Xurxo -subida do xuvenil-

 

NOTICIAS A LIMIA | Comeza a nova tempada do Antela F.C. de Xinzo