martes. 08.10.2024

Este Nadal o tradicional está de moda en Xinzo de Limia. O Mercado de Artesanía da praza Carlos Casares foi onte o escenario no que se ofreceu unha mostra de bordado ao aire impartido Moura. As súas creacións espertaron gran interese entre os veciños e visitantes. Os postos seguen ofrecendo orixinais artigos para regalar nestas datas, ao carón da pista de patinaxe sobre xeo que tamén manterá as súas portas aberta ata despois de Reis.

Para esta tarde está previsto un obradoiro de iniciación ao modelado de barro en torno a cargo de Olería do Batán. Será a partir das 17.00 horas, neste mesmo escenario.

NOTICIAS A LIMIA | A cultura tradicional, protagonista no Mercado de Artesanía