viernes. 03.05.2024

En dous días a incidencia en Xinzo reduciuse un 20%. Dos 292 casos activos do venres, aos 231 este luns. En Xinzo as cifras levan en caída desde o pasado luns, día 17 de xaneiro. Desde o pico do día 12 (430 casos) o número caeu practicamente á metade.

No resto de concellos os descensos foron xeneralizados. Só Vilar de Barrio ve incrementar nun caso a cifra e sitúase en 19 rexistros. Este luns hai na comarca da Limia 405 contaxios, o número más baixo desde o 7 de xaneiro.

Así están os rexistros
BALTAR  (variación -2)  13 (activos)
OS BLANCOS  (=)  13
CALVOS DE RANDÍN (=)  9
PORQUEIRA  (-6)  21
RAIRIZ DE VEIGA (-8)  16
SANDIÁS (-7)  33
SARREAUS (-6)  18
TRASMIRAS  (-2) 15
VILAR DE BARRIO (+1)  17
VILAR DE SANTOS  (=)  19
XINZO DE LIMIA  (-61)  231
 

Os números caen en todos os concellos e Rairiz de Veiga e Sarreaus son, porcentualmente, onde máis baixan, o 33 e o 25% respectivamente. En Sandiás os casos activos reducíronse nun 17% e volven estar por baixo dos 40.

Os Blancos, Calvos de Randín e Vilar de Santos non experimentaron variación a respecto do pasado venres. Esta semana volverán a realizarse cribados en Xinzo, en principio, hai programadas dúas quendas: unha hoxe e outra o mércores. Nos test da semana pasada detectáronse positivos os tres días, o venres foron 3 en 118 probas.
 

CORONAVIRUS A LIMIA | Descenso dos casos activos de covid-19 en todos os concellos,...