O condutor circulaba a baixa velocidade mentres buscaba estacionamento

NOTICIAS A LIMIA | Dúas mulleres, feridas leves nun atropelo nun paso de peóns en Xinzo

Urxencias no centro de saúde de Xinzo.

Dúas mulleres resultaron feridas leves nu atropelo nun paso de peóns no Parque do Pombal en Xinzo. Segundo informa a Policía Local, o accidente produciuse pouco antes das 12:00 horas e o condutor do vehículo declarou que se despistou mentres buscaba estacionamento.

As mulleres foron alcanzadas polo coche e, como consecuencia do golpe, caeron ao chan. Foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencia, que determinaron por precaución o traslado das dúas feridas.

A alerta salto no 112, que avisou aos bombeiros de Xinzo, a Protección Civil e á Policía Local. Non foi precisa máis intervención que a do operativo do 061. As mulleres non presentaban dificultades de mobilidade, informou o 112, mais foron evacuadas por decisión médica.