sábado. 27.04.2024

O líder provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, presidiu este martes a posta en marcha dos comités comarcais da Limia e Baixa Limia, órganos de traballo que teñen como obxectivo mobilizar ao partido por todo o territorio, tanto para coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza como para impulsar a campaña electora do 18F.

Luis Menor, que expresou a súa satisfacción pola "gran e positiva resposta, unha vez máis, a estas convocatorias", explicou aos asistentes que os comités comarcais van permitir "seguir ampliando a estrutura do partido e a participación de cargos locais e afiliados", esencial cando se trata de consolidar a presenza do partido en toda a provincia, "algo que só é quen de conseguir o PP".

En Bande, a alcaldesa e presidenta local popular, Sandra Quintas, tivo un protagonismo especial xa que tamén participou como secretaria da xestora provincial, pedindo o esforzo dos seus compañeiros e veciños "para que o 19 de febreiro Alfonso Rueda poda comezar a traballar desde a súa primeira absoluta".

Na Baixa Limia actuarán como coordinadores Antonio Iglesias, alcalde de Lobeira, e Israel león, tenente alcalde Muíños.

Na comarca da Limia a estrutura do comité comarcal estará dirixida polo tenente alcalde de Xinzo, Antonio Fernández Veiga, e o alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas

NOTICIAS A LIMIA | Fernández Veiga e Lamas dirixirán o comité comarcal dos populares