Luns. 05.12.2022
A homenaxe terá lugar no complexo deportivo a Moreira de Xinzo

NOTICIAS A LIMIA | O II Memorial Eloy Conde contará con partidos amistosos da categoría infantil

Cartel informativo da homenaxe a Eloy Conde.
Cartel informativo da homenaxe a Eloy Conde. | FOTO: Cedida.

Este sábado día 18 celebrarase no complexo deportivo a Moreira do Concello de Xinzo o II Memorial Eloy Conde, un acto conmemorativo que pretende ser referente anual para as pretempadas do fútbol infantil.

O acto rendriá homenaxe ao xa falecido ex - futbolista e ex - adestrador das categorías inferiores do Antela F.C. , Eloy Conde. Destacado tamén por ser unha figura pioneira do fútbol na comarca da Limia.

O encontro constará de diversos partidos amistosos, a modo de torneo triangular, nos cales xogarán tres equipos da rama infantil -o E.D.C. Xinzo, o R.C. Celta e o Ourense C.F- . O acto memorial terá lugar xusto no intermedio do programa.

O horario programado é o seguinte:

  • 10:00: Enfrontamento do Ourense C.F. e o E.D.C. Xinzo
  • 11:00: Partido do R.C. Celta e o Ourense C.F.
  • 11:50: Acto memorial
  • 12:00: Encontro do E.D.C. Xinzo e o R.C. Celta
  • 13:00: Ceremonia final e entrega de premios

 

 

NOTICIAS A LIMIA | O II Memorial Eloy Conde contará con partidos amistosos da categoría...
comentarios