lunes. 07.10.2024

O 17 de outubro do ano 2014, José Antonio Parente Camino, era nombrado presidente local de Novas Xeracións de Xinzo de Limia, un posto ao que renunciaba no día de hoxe. Do mesmo xeito ocorrera o pasado mes de marzo, data na que presentaba a súa dimisión coma presidente provincial de Novas Xeracións, aínda que por unha causa ben diferente; neste segundo caso fora por motivos de idade pois "tiña xa 32 anos polo que creo que debería haber alguén moito máis novo ca min nas Novas Xeracións".

A baixa da que informaba fai varias horas viuse profundamente influenciada polo novo nomeamento do presidente da xestora de Novas Xeracións de Xinzo, Carlos Gómez Salgado. Unha decisión á que acusa de estar fixada con moita anterioridade, e que se tomara sen ter en consideración a voz e voto da afiliación do partido. Así, defende que "non quero estar nun partido no que non se lle consulta aos afiliados" e no que se están a aplicar sentenzas "a dedo". 

Parente ve neste caso intereses políticos de por medio, xa que se acaba de elexir a un membro que "non pertence á corporación municipal", non presenta relacións nin preocupacións directas coa veciñanza local. Cre que o novo presidente "non merece estar ocupando un lugar que lle correspondería moito antes a outras persoas do partido", as cales sí que estiveron amosando un apoio incondicional ao mesmo. Acusa así a Gómez Salgado de "apartarse do partido" no momento en que non se vira incluído nas listaxes municipais, e que agora que sí entrara nelas "había que axudarlle a facer campaña".

O ex- afiliado envía unha mensaxe de apoio ao partido e recalca na necesidade de recuperar o antigo líder que tivera, pois "estamos nun momento no que é necesario que se recupere a toda a xente que estivo ao pé do cañón apoiando ao partido".

Parente centrarase agora en estar coa súa familia, e en adicarse ao seu traballo e afeccións favoritas, coma é o fútbol.

NOTICIAS A LIMIA | Parente: "Non quero estar nun partido no que non se lle consulta aos...