viernes. 26.04.2024

O PP de Xinzo emitiu a primeira hora desta tarde un comunicado no que acusa á Alcaldía de falta de sensibilidade "cara ós empregados públicos do concello pola carencia de calefacción nas propias dependencias municipais". Unhas horas despois, o goberno municipal contestou que hoxe (venres) quedou reparada a avaría nunha das caldeiras e que "a activación da segunda caldeira segue pendente da recepción da peza avariada, que esperamos recibir nos próximos días".

O PP sinalaba que "non é ético nin de recibo" que ademais dos protocolos preventivos "que impoñen as autoridades sanitarias" recomendando a apertura das fiestras, "se lle sume a carencia de calefacción". E desde o goberno local agradecéronlles o interese amosado "aínda que chegue un mes despois de que se producise a avaría e xusto no día en que foi reparada en parte".

O PP lamentou "a falta de criterio e a demora na xestión da alcaldesa e o seu goberno para cos traballadores". Mentres desde o goberno mostraron "as nosas desculpas aos traballadores e traballadoras por non poder reparala [a calefacción] antes".

NOTICIAS A LIMIA | Liorta política en Xinzo a conta da calefacción na Casa do Concello