lunes. 11.11.2024

Antonio Fernández Veiga, portavoz do PP en Xinzo, cualifica como "deplorable e calamitoso" o estado do aparcadoiro da rúa Curros Enríquez, moi próximo á Casa do Concello e utilizado a diario por numerosas veciñas e veciños. Os populares emitiron unha nota de prensa este mediodía para volver chamar a atención ao goberno local polo descoido desta infraestrutura.

O aparcadoiro, ao aire libre, esta "cheo de fochancas e buratos en toda a súa superficie en xeral é en particular nas súas entradas e saídas, acadando todo el unha situación cercana a ser considerada como intransitable", denuncian os populares. E critican toda a política de obras do goberno local.

Aparcadoiro rúa CurrosO aparcadoiro da rúa Curros Enríquez, este mércores.

"Non é de estrañar que as poucas obras ou servizos que leva realizado o equipo de goberno non teñan continuidade en relación ó seu mantemento, sendo o estado catastrófico de dito parking un exemplo máis desta desidia", sinala o comunicado. E engade que para o portavoz do Partido Popular, dadas "as escasas choivas acaecidas" este ano "o arranxo xa debería estar feito e non demoralo máis".

NOTICIAS A LIMIA | O Partido Popular reitera a queixa polo estado do aparcadoiro na rúa...