miércoles. 24.04.2024

Durante o venres, sábado e domingo desta semana celebrarase a Feira do Comercio ProLimia no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia. Un evento que reunirá a diversos negocios do comercio local -repartidos en 45 postos- co obxectivo de promocionar os seus productos e servicios. Ademais disto, a feira contará con diversas actividades culturais e lúdicas para todos os públicos, ás cales se poderá acceder de xeito gratuito.

O acto de inauguración da feira será o vernes ás 12:00 horas, e estará seguido dunha degustación de productos con Denominación de Orixe e outros aportados polos negocios da Limia. Cara as 17:00 da tarde impartirase un taller de artesanía con barro da man de Arte Arrebol e tres horas despois realizarase un bingo que incluirá premios gratuitos ao momento. O recinto pechará as 22:00 horas.

O sábado a feira abrirá ás 10:00 da mañán, iniciando as súas actividades culturais ás 12:00 do mediodía cun concerto da Agrupación de Música da Limia. A tarde voltará a haber un taller de barro á mesma hora que o venres. Ás 18:00 horas o grupo de baile Danzón animará a velada con coreografías, e unha hora despois impartirase un taller de percusión. Ás 20:00 horas poderase participar nun bingo con premios inmediatos. A feira finalizará ás 22:00 da noite.

O domingo o recinto abrirá de novo ás 10:00 da mañán. Unha hora despois da súa apertura a charanga Achicoria animará ao público cunha actuación musical. Sobre a 13:00 do mediodía permitirase desgustar diversos de pinchos elaborados pola Asociación de Hosteleiros de Xinzo de Limia. De novo, ás 17:00 horas haberá un taller de artesanía con barro impartido por Arte Arrebol, e sobre as 18:00 a Chikiband da Limia dará un breve concerto. Ao final do día levarase a cabo o esperado sorteo de rifas obtidas polas compras realizadas na feira, aproximadamente sobre as 20:00 horas. O recinto pechará ás 22:00 da noite dando por rematado todo o evento.

A maiores destas actividades programadas haberá diversas actividades para nenos, coma hinchables ou unha ludoteca.

NOTICIAS A LIMIA | Programa completo da Feira do Comercio ProLimia