jueves. 25.04.2024

A propietaria dun vehículo estacionado na rúa Dous de Maio en Xinzo publicou varias fotografías no grupo de Facebook 'Xinzo da Limia' solicitando a colaboración da veciñanza para identificar ao suposto autor ou autora dos estragos no seu coche como consecuencia do que parece un golpe con outro vehículo.


O coche danado estaba aparcado esta mañá nesa rúa, á altura do Museo do Entroido, no carril en dirección saída. O vehículo, polo que se aprecia nas imaxes, recibiu un golpe que abolou a porta do condutor e rompeu o embelecedor.


A propietaria quéixase na publicación en Facebook: “Quien haya sido no ha dejado nota ni nada”. E solicita axuda para atopar un ou unha culpábel: “Agradecería si alguien ha visto algo, me avisara”. A ligazón ao post de Mamem Gomez no grupo da rede social é a seguinte: https://www.facebook.com/groups/150899295040733/posts/2710455235751780/

NOTICIAS A LIMIA | A propietaria dun coche cunha porta estragada en Xinzo pide axuda en...