martes. 08.10.2024

A nova e reformada rúa Sitibal do Concello de Xinzo de Limia acaba de finalizar os últimos trámites de obra que quedaban pendentes de axustar. Soamente houbo que realizar o soterramento dos cables de Fenosa e Telefónica para que a zona cambiara a súa imaxe cara mellor.

Agora, xunto coa Cepetal, a rúa loce coma un amplo vial de 16 metros de ancho -incluíndose as aceiras e as prazas de estacionamento- .

A apertura da rúa Sitibal fora posible despois de moitos meses de traballo e esforzo nos que se dotara á mesma de servizos básicos de saneamento, abastecemento, alumeado e beirrarúas. O resultado obtivérase grazas á intensa negociación do goberno local con máis de 40 titulares afectados que finalmente cederan os metros de fachada que lle correspondían para dotar ao viario destos servizos.

 

NOTICIAS A LIMIA | A rúa Sitibal finaliza a súa transformación co soterramento do cableado