Mércores. 22.03.2023
A andaina iniciarase ás 10:00 horas da mañá dende o parque do Toural

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo ofrecerá un itinerario de sensibilización ambiental ás beiras do río Limia

Cartel da actividade de sensibilización ambiental en Xinzo de Limia.
Cartel da actividade de sensibilización ambiental en Xinzo de Limia.

O Concello de Xinzo de Limia, xunto a Cabreiroá e o Proxecto LIBERA -do que forman parte SEO Birdlife e ECOEMBES- ofrecen, para o vindeiro sábado 27 deste mes, unha actividade de sensibilización ambiental ás beiras do río Limia.

A iniciativa consistirá nun itinerario guiado no que se informará aos asistentes sobre os recursos naturais observados ao longo do percorrido. Durante o traxecto tamén se concienciará sobre a importancia de coidar o entorno natural do río, manténdoo libre de lixo e de vertidos contaminantes. Realizarase unha caracterización dun concepto destacado polo proxecto, a "basuraleza", que fai referencia aos residuos que se tiran e deixan na naturaleza.

Dentro de LIBERA enmárcase o "Proxecto ORIXE, Facemos Camiño", unha iniciativa da que tamén forma parte esta actividade e que se centra en realizar traballos de sensibilización ambiental e voluntariado en diversos puntos do Camiño de Santiago.

A andaina iniciarase ás 10:00 horas da mañá -dende o parque do Toural- e rematará sobre a 13:00 do mediodía. Os interesados e interesadas deberanse inscribir no Pabellón de Deportes do Concello, na piscina climatizada, ou ben a través do código QR do cartel da actividade ou da ligazón correspondente na conta oficial de Facebook da Concellería de Deportes de Xinzo.

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo ofrecerá un itinerario de sensibilización ambiental ás beiras...
comentarios