viernes. 04.10.2024
Hoxe estará instalado na praza de Carlos Casares do Concello de Xinzo o punto de asesoramento da iniciativa "Camiño da innovación" da Xunta de Galicia. Tamén haberá unha presentación na Casa da Cultura, de 11:00 a 13:00 horas, aberta a todos os emprededores e empredoras da comarca.

"Camiño da innovación" é unha actuación encadrada no marco do "Programa de Impulso á Innovación nas Pemes". Ten coma obxectivo pór en marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e a oportunidade de crecer a través da innovación como única senda para a competitividade.

A iniciativa conta con 18 etapas a desenvolverase en concellos das catro provincias galegas, nas que se celebrarán encontros con pemes innovadoras de cada comarca -dando a coñecer 54 casos de éxito- . En cada unha delas poderase solicitar, previa inscrición, asesoramentos con técnicos da Axencia Galega de Innovación, os cales botarán unha man no inicio ou potenciamento do proceso. Para alistarse deberase cubrir o seguinte formulario: https://form.jotform.com/212922525069355.

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo súmase ao programa de asesoramento ás PEMES, "Camiño da...