viernes. 26.04.2024

A cabalgata de Reis de Xinzo recupera a normalidade para encher de maxia as súas rúas trala pandemia, que condicionou por completo este tipo de eventos. volverá a encher de maxia as principais rúas. Nesta ocasión, a cabalgata será especialmente vistosa, xa que estará acompañada de representacións teatrais para recuperar a ilusión de pequenos e maiores. Os actos comezarán ás 18:00 horas, cando os Reis Magos participarán nunha recepción na Casa Consistorial.

Ás 18:30 horas, a comitiva da cabalgata comezará o seu percorrido na Praza Carlos Casares. Os Magos de Oriente continuarán polas rúas Curros Enríquez, Marcelo Macías, Avenida de Ourense, Dous de Maio, Río Támega, Río Miño, Río Arnoia, Río Sil, Ladeira, Rosalía de Castro e Avenida de Madrid ata rematar na Praza Maior. Neste punto, a partir das 20:00 horas, reuniranse cos nenos para que compartan os seus desexos con eles.

Os Reis Magos farán algunhas paradas no se camiño no Centro Social, no Centro de Día e na residencia de maiores para compartir a ilusión cos máis veteranos da vila. Para completar o percorrido haberá cortes de tráfico que afectarán entre a rotonda da Avenida de Celanova e a Rúa Dous de Maio, en horario de 18:30 a 21:00 horas.

Esta será a última gran cita da programación de Nadal en Xinzo, que rematará o domingo 8 de xaneiro coa clausura do espazo de ocio para os nenos instalado na Praza Carlos Casares.

NOTICIAS XINZO | A cabalgata de Reis volve con cortes de tráfico nas rúas da vila