miércoles. 01.05.2024

Unha nova carreira popular ía ter lugar en Xinzo o vindeiro domingo, pero a Concellería de Deportes confirmou este luns que se suspendía. Segundo apunta a concelleira responsable desta área, a meteoroloxía "é un dos motivos" polos que se cancela esta proba deportiva que tiña o prazo de inscrición aberto ata este mércores.

A predición meteorolóxica da Axencia Estatal de Meteoroloxía apunta que a vindeira fin de semana estará pasada por auga, xa que se espera un cese das precipitacións entre este mércores e o xoves, para que retornen o venres.

A proba ía contar cunha categoría adulta de 10 quilómetros e unha de cinco para escolares, pero finalmente non se poderá levar a cabo.

NOTICIAS XINZO | A carreira popular prevista para este domingo, suspendida