jueves. 25.04.2024

Cun só ferido leve saldouse o aparatoso accidente que se rexistrou este mediodía, cara as 12:00 horas, na localidade de Piñeira Seca, no Concello de Xinzo de LImia.

O sinistro, que mobilizou ata o lugar ás emerxencias sanitarias e a unha patrulla da Garda Civil de Tráfico do Destacamento de Verín, produciouse cando un dos automóbiles invadiu a calzada pola que circulaba o outro. Os dous remataron envorcados na cuneta. Malia a aparatosidade da colisión, só un dos ocupantes precisou ser trasladado ata o Punto de Atención Continuada de Xinzo de Limia, aqueixado dunha lixeira dor en peito e brazo. 

O accidente rexistrouse na OU - 1104, á altura de Piñeira Seca. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
O accidente rexistrouse na OU - 1104, á altura de Piñeira Seca. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

NOTICIAS XINZO | Un ferido leve nunha aparatosa colisión de dous vehículos, en Piñeira...