miércoles. 01.05.2024

A veciñanza de Ganade, en Xinzo, está esta fin de semana en festas na honra de Santa Isabel. A programación que elaborou a comisión, composta por Ángeles Martínez, nova concelleira en Xinzo; Carmen Losada, Concha Villamarín, Maricarmen Lama e Maricarmen Vila, comezará este venres ás 23:00 horas coa discomóbil Space, que porá música ata as tres da madrugada. 

O sábado continuarán as festas en Ganade cun pasarrúas coa Banda de Gaitas Cidade de Antioquía pola mañá, antes da misa que se celebrará ás 13:30 horas, na que tamén estará esta agrupación musical. Xa pola noite, haberá unha cea popular ás 20:00 horas, antes de que actúe a orquestra Platinum. A formación dará dous pases, un de 21:00 a 22:30 horas e outro de 1:00 a 3:00 horas.

O domingo rematarán as actividades festivas en Ganade cunha misa cantada ás 13:00 horas. Pola tarde haberá polbo e churrasco, coa actuación da orquestra Finisterre das 19:30 horas ás 22:30 horas. Na mesma, a comisión fará o sorteo que serviu de colaboración na organización destas festas. O premio para a rifa gañadora será un porco, que se poderá levar para criar ou recollelo en época de matanza.

Cartel das festas de Ganade, en Xinzo.
Cartel das festas de Ganade, en Xinzo.

NOTICIAS XINZO | Ganade celebra as súas festas, nas que se sorteará un porco