viernes. 26.04.2024

O Museo Galego do Entroido (MUGAE) mantén aberto o prazo de participación do seu concurso de fotografía que busca a mellor imaxe do Entroido en Galicia deste 2023. Os traballos pódense presentar ata o día 15 de marzo, data na que rematará o tempo de admisión de fotografías e a súa temática ten que estar relacionada coa festividade do entroido, en todos os seus ámbitos, neste ano.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras, sendo orixinais e inéditas, polo que non se admitirán aquelas que xa participasen en concursos con anterioridade ou se publicasen en webs ou en calquera outro medio dixital ou impreso. Non se permitirá a edición das fotografías, salvo en mínimas correccións de luminosidade e cor.

As obras remitiranse por correo electrónico ao enderezo [email protected], co título no nombre do arquivo e indicando o nome do autor, da fotografía e un número de teléfono de contacto na mensaxe. O gañador deste concurso recibirá 150 euros en metálico. A maiores, a obra exporase ao longo do ano na sede do MUGAE, ao igual que os traballos que queden en segunda e terceira posición.

O xurado estará formado por dous membros da empresa que xestiona o museo e o terceiro será o público. Teranse en conta as votacións que se abrirán a toda a xente a través das redes sociais. O fallo terá lugar o 31 de marzo e a organización contactará cos premiados, aínda que tamén se publicará nas redes do museo.

Pechado por descanso

As instalacións do MUGAE permanecerán pechadas dende hoxe ata o 15 de marzo por descanso, xa que neste último mes aumentou a súa actividade con motivo do Entroido. Houbo actividades e visitas, de colexios ou asociacións, ao longo de varias xornadas para dar a coñecer a súa sede en Xinzo. A semana pasada, ampliaron os seus días de apertura para que todos aqueles que se achegasen á vila tivesen a oportunidade de visitar o museo.

Comunicación do MUGAE sobre o peche por descanso, no que recorda que o prazo para o concurso está aberto e onde se poden consultar as súas bases.
Comunicación do MUGAE sobre o peche por descanso, no que recorda que o prazo para o concurso está aberto e onde se poden consultar as súas bases.

 

NOTICIAS XINZO | O MUGAE impulsa un concurso de fotografía sobre o Entroido