viernes. 13.12.2024

O Real Coro Toxos e Froles de Ferrol anunciou, trala última asamblea dos seus socios celebrada este domingo, que lle outorgará o "Toxo de Ouro" a Fernando Dopico, director da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo. Con máis de 100 anos de historia, a agrupación musical recoñece a traxectoria de Dopico polo "seu labor no eido da música tradicional galega e a súa contribución e traballo na nosa centenaria entidade".

O ferrolano dirixe a escola limiá dende hai 25 anos e ten colleitado grandes éxitos coa formación que dirixe. Neste mesmo ano, asumiron a organización da 1ª Fase do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, onde a Escola de Gaitas e Percusión de Xinzo gañou nas categorías nas que se presentou.

Ademais de mestre de gaita e percusión, Dopico tamén puxo en valor a figura do gaiteiro que fundou o Real Coro Toxos e Froles, Manuel Lorenzo Barxa, coa publicación de súa biografía no 1997, na que contou coa colaboración de María Santiso.

NOTICIAS XINZO | Premian a Fernando Dopico pola súa traxectoria no eido da música...