sábado. 20.04.2024

O BNG de Xinzo reuniuse este xoves co que exvicepresidente da Xunta e exalcalde de Allariz, Anxo Quintana, quen visitou a localidade para falar do proposta que encabeza Camilo Vila. O proxecto do BNG de Xinzo ten respaldo político”, afirma o líder dos nacionalistas limiaos.

Quintana, que gobernou no concello alaricano durante unha década antes de dar o salto ao Parlamento de Galicia, foi o protagonista da transformación de Allariz e, sobre todo, de deseño dun plan estratéxico que "está plenamente vixente e é a guía que vertebra o traballo político no municipio do río Arnoia", pese a ter 30 anos.

O exvicepresidente da Xunta colaborou no deseño da estratexia post-electoral, validando as propostas que ten enriba da mesa o BNG de Xinzo para continuar o seu traballo. Seguirán facéndoo "coa mesma disciplina e cariño" deste último ano, no que as afiliacións "aumentaron un 50% e se sumaron ós cadros de traballo 46 persoas".

Por último, Quintana defendeu a liña de traballo seguida e pediu que “non se desvíe a atención nin un segundo, porque hai un proxecto político detrás do BNG que avala o que se está facendo e o apoio ó equipo de Camilo, que leva na dianteira a Manuel Pozo, Alba Feixóo e a Marta Joga, é total.

NOTICIAS XINZO | O exvicepresidente da Xunta Anxo Quintana apoia ó proxecto do BNG