Sábado. 04.02.2023
Durante as primeras semanas ofrecerá un desconto dun 15%

NOTICIAS XINZO | Roombo chega á vila como un novo servizo de reparto a domicilio

Roombo ofrece servizo de reparto a domicilio en Xinzo.
Roombo ofrece servizo de reparto a domicilio en Xinzo.

A empresa verinesa Roombo chega a Xinzo e, dende hoxe, os bares e restaurantes da localidade comezan a traballar coa súa aplicación de reparto a domicilio para pequenas cidades. Moitos os locales xa decidiron sumarse a esta aplicación que ofrecerá servizo nun rango de 7 quilómetros dende o restaurante. Verín, O Carballiño ou Chaves son algunhas das localizacións nas que Roombo opera dende hai tempo, xa que esta empresa verinensa está presente en case unha vintena de cidades en toda a Península.

A súa aplicación é de uso fácil e intuitivo, onde inclúe os pratos dos conciñeiros dos restaurante de confianza de cada cliente. A app está pensada para un uso de acotío e está dispoñible para iOs e Android. Durante as primeiras semanas de servizo, Roombo ofrece un desconto do 15% no primeiro pedido co código "xinzo" e, ademais, dende as redes sociais de @roombogalicia lanzan promocións semanais para os seguidores.

Esta empresa naceu en plena pandemia no 2020, pensando nas necesidades dos pequenos establecementos das cidades e vilas de menor poboación. O seu modelo de negocio está "comprometido co comercio local e os seus hostaleiros" e demostrou neste tempo a súa eficacia á hora de contribuír no aumento da facturación.

Na filosofía de Roombo está "defender o ámbito local, apostando polas pequenas empresas e o fomento do traballo digno". Dende este compromiso, a empresa defende as condicións laborais dos seus repartidores, así coma as do resto de empregados da organización.

O seu compromiso pasa tamén polos proveedores, os bares e restaurantes, cos que negocian porcentaxes moito menores aos da competencia. As grandes franquicias traballan con beneficios que superan o 40% do prezo do pedido, mentres que Roombo manteno nun 18%. Estes datos supoñen un atrativo para empresarios da hostalaría, que se posicionan a favor da implementación deste modelo que xera riqueza nas comunidades grazas á redución dos "marxes abusivos".

NOTICIAS XINZO | Roombo chega á vila como un novo servizo de reparto a domicilio
comentarios