domingo. 06.10.2024

O Goberno do Concello de Xinzo levará ao vindeiro pleno unha moción na que se recollen unha serie de medidas e demandas para mellorar a atención sanitaria da vila e da comarca, motivo dunha profunda e crecente procupación entra e veciñanza, especialmente trala pandemia. Entre as peticións atópanse o incremento de especialistas ou a ampliación do propio Centro de Saúde.

As melloras que plantexan son o resultado de meses traballando, en colaboración cos profesionais sanitarios do Centro de Saúde. Nas últimas semanas, a alcaldesa, Elvira Lama, mantivo diferentes reunións cos seus responsables para coñecer de primeira man as carencias e as diciencias que detectan a diario. Ademais, reportáronlle as demandas incluídas na moción entre as que figura un incremento do persoal para cubrir baixas e descansos, da que hai "unanimidade" entre profesionais e paciente pola escaseza dos primeiros.

A esta falta de persoal súmase a antigüidade do Centro de Saúde de Xinzo e a falta de espazo, que dificultan a atención sanitaria e repercurte directamente na veciñanza. A moción recolle casos como como que as "consultas ocupadas por sanitarios que non atenden a persoas, como son os veterinarios, mentres a traballadora social está nunha ubicación provisional no patio interior". Tamén destacan a situación en Pediatría, xa que conta con dous especialistas pero só cunha enfermeira para atender aos nenos.

Por todas as carencias e deficiencias, o Goberno local de Xinzo insta á Xunta de Galicia a "mellorar as condicións de eventualidade para os profesionais do Sergas; a reformular a Atención Primaria coa incorporación progresiva dun maior número de profesionais de especialidades; a repoñer a praza de enfermeira de Pediatría; á reforma e ampliación do Centro de Saúde e a ampliar a posibilidade de solicitude de probas diagnósticas por parte dos facultativos e facultativas de Atención Primaria, desconxestionando as especialidades do CHUO".

Xinzo reclamará á Xunta máis persoal sanitario e a ampliación do Centro de Saúde