sábado. 20.04.2024

Xa quedan poucos días para poder disfrutar da 2º edición da Feira do Comercio ProLimia, un evento que xuntará a diversos negocios e entidades de Xinzo de Limia co obxectivo reanimar e apoiar ao comercio local da terra limiá.

A feira está organizada por ProLimia -Asociación de Empresas e Comercios da Limia- e conta cunha serie de colaboradores coma a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Xinzo de Limia, o CEO -Confederación Empresarial de Ourense- e a Agrupación Musical da Limia.

Celebrarase os días 27, 28 e 29 deste mes de agosto, no Pavellón de Deportes de Xinzo de Limia. Haberá un total de 45 postos que contarán con membros de diversas empresas, entidades e negocios do comercio local co obxectivo de promocionar os seus produtos e servicios. Ademais, poderase disfrutar de determinados descontos ou promocións especiais.

A maiores dos postos de venta e promoción o evento ofrecerá diversas actividades lúdicas e culturais para todo o público. O cartel co programa completo de actividades desvelarase este mércores sobre as 20:30 horas no Concello de Xinzo de Limia.

NOTICIAS XINZO | Volve a Feira do Comercio ProLimia