viernes. 26.04.2024

O Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas converterá a Xinzo en epicentro da música tradicional e o folclore os días 25 e 26 de marzo. O evento, que se volverá celebrar na localidade dúas décadas despois, prevé mobilizar a 5.000 persoas ao longo de dita fin de semana. Preto dunha trintena de formacións de todo o país participarán no concurso, no que o Concello e a Banda Municipal de Gaitas e Percusión traballan na súa organización dende hai semanas.

Esta mañá levouse a cabo unha Xunta de Seguridade para plantexar un dispositivo que facilite a súa celebración con todas as garantías. No operativo de seguridade participan a Policía Local, a Garda Civil e agrupacións Protección Civil tanto de Xinzo como do resto da comarca. Cruz Vermella tamén colaborará para que o evento sexa o máis seguro posible.

O evento, dentro do que se celebrará o Concurso de Gaitas e Percusión da Limia, dividirase en dúas xornadas, o 25 e o 26 de marzo, e obrigará a efectuar restricións de tráfico o domingo na N-525, dado que os músicos actuarán nas rúas. Ademais, na Praza Carlos Casares instalarase unha carpa para acolles actividades. En total, 750 participantes de todo o país visitarán Xinzo para amosar o seu talento.

Dende o Concello estiman que a ocupación hoteleira rozará o 100% no concello e na comarca e habilitaranse prazas de aloxamento para os participantes no pavillón. Haberá dúas zonas para estacionamento de autobuses, unha no Toural e a outra no pavillón. Os vehículos lixeiros poderán aparcar nos párkings ao aire libre da rúa Curros Enríquez e na Avenida de Celanova, tamén disporán da rúa Sitibal, da Carmen Nóvoa, das marxes do río e do entorno do polígono.

A alcaldesa, Elvira Lama, sinalou que levar a cabo un evento destas características "é unha gran oportunidade de dar proxección nacional e internacional ao noso concello, polo que se está traballando duro na súa organización”.

NOTICIAS XINZO | O Certame Celtibérico de Bandas congregará a case 5.000 persoas