lunes. 09.12.2024

A Escola Rural de Saúde da Limia contará ao longo deste mes e en xullo cunha serie de obradoiros sobre emocións e a súa influencia na saúde, que se levarán a cabo en Xinzo e en Ganade. Estes talleres están impartidos por Rosa Trujillo, psicóloga especialista na educación para a saúde, quen será a encargada de ofrecer técnicas para mellorar o coidado do benestar mental.

O pasado luns 12 tivo lugar a primeira sesión, na que se abordou a temática das emocións, a personalidade, a psicoloxía positiva e de ferramentas de coidado da saúde mental. Este 19 terán un novo obradoiro ás 18:00 horas na Aula 2 da Casa da Cultura de Cultura de Xinzo, que leva por título "Descubrindo as nosas fortalezas, a mente e o benestar". O día 26 continuarán coa programación con outro taller titulado "Emocións asociadas ás perdas, o dó e o afrontamento, a pandemia, 'O amencer' e a saúde mental".

A última cita destes cursos sobre benestar emocional terá lugar o 3 de xullo en Ganade. Nel falarase do estrés, da atención plena, da relaxación, da actitude e da intelixencia emocional. Para participar en calquera deles fai falta unha inscrición previa que se pode facer a través do teléfono 603 784 435.

Esta iniciativa está motivada polo impacto que xerou a pandemia na saúde mental, afectando de diversas formas ao aspecto emocional das persoas con depresións, ansiedade ou tristeza, entre outras. Estes obradoiros fan a oportunidade á veciñanza de contar cun espazo para reflexionar sobre as emocións e a saúde, así como facilitar algunhas ferramentas que lles poidan axudar a manexalas.

Programación do curso sobre emocións das Escola Rural de Saúde da Limia.
Programación do curso sobre emocións das Escola Rural de Saúde da Limia.

 

NOTICIAS XINZO | A Escola Rural de Saúde da Limia ofrece un curso sobre benestar mental