jueves. 18.04.2024

O concelleiro de infraestructuras do Concello de Xinzo de Limia, Rafael Penabad, vén de comunicar que comenzarán as obras de mellora, reparación, e acondicionamento Covid das piscinas exteriores do concello, para a súa apertura ao público a mediados do mes de xuño.

Dentro das actuacións previstas está a substitución de filtros de area e chaves de paso en mal estado, melloras no sistema de aspiración, impermeabilización no selado dos vasos para evitar que se produzan perdas de auga e a substitución das lousas deterioradas.

 

Calidade da auga

Outra das actuacións que se están a levar a cabo no eido das piscinas exteriores é a posta en marcha dun sistema de cloración automática e de control do PH, que levaba anos sen empregarse. O concelleiro de Infraestruturas insistiu na necesidade de levar a cabo esta actuación, pois, segundo dixo, "resulta de vital importancia traballar non só no que se ve, senón tamén no que non se ve, como é o tratamento das augas". 

 

Adecuación do espazo á normativa Covid

Para garantir a seguridade e cumprir a normativa vixente nas instalacións está previsto delimitar a superficie en parcelas, favorecendo así o mantemento da distancia de seguridade reglada entre os usuarios. Segundo apuntan dende o Concello, esto levarase a cabo como se fixo no período estival de 2020: no momento de adquirir a entrada, asígnase a cada usuario un espazo (parcela) do que só deben saír para dirixirse ás piscinas, á cafetería ou aos aseos, con delimitación dos camiños de ida e volta. 

O Concello de Xinzo comenza a posta a punto das piscinas exteriores