martes. 07.05.2024

Xinzo suma 14 días sen novos casos diagnosticados e unha semana sen infectados. Polo tanto, esta vila está libre de coronavirus dende o pasado 28 de maio. A incidencia da pandemia golpeou de maneira virulenta a este municipio a finais do pasado mes de xaneiro donde se chegaron a contabilizar ata 247 casos positivos.

Hoxe, Xinzo está en cor amarela no mapa que controla a incidencia do virus. Por agora, as medidas limítanse a permanencia de grupos de persoas a un máximo de seis en espazos pechados e de dez en lugares ao aire libre. O uso da máscara aínda é un factor determinante para frear a escalada de contaxios.

Para que este marcador estivera cunha cifra de cero casos positivos, o Concello realizou tarefas de desinfección de espazos públicos e reparto de material para frear a lista de contaxiados. A alcaldesa, Elvira Lama, chama a prudencia: “Estamos na mellor situación dende que se desatou a pandemia e iso debe ser un motivo de satisfacción, especialmente polo esforzo colectivo que está a facer todo o pobo”.

Unha semana sen infectados de covid - 19 en Xinzo