lunes. 29.04.2024
incendio-1 2

Este mércores ás 16:46 h, na Pista das Riscas, era declarado un incendio que calcinaba un galpón e como consecuencia puña en perigo os depósitos de gas de granxas próximas. Ata o lugar desprazáronse tres axentes forestais, catro brigadas, catro autobombas e dúas avionetas. Finalmente o lume era estabilizado sobre as 18:00 horas.

Tan só unha hora despois, recibíase outro aviso de lume na comarca, nesta ocasión na localidade de Lobaces. O incendio, cuxa superficie afectada aínda está por determinar, mobilizou a un técnico, un axente, dúas avionetas e un helicóptero.

ÚLTIMA HORA | Un lume na Pista das Riscas queima un galpón pondo en risco o depósito de...