martes. 08.10.2024

Por acordo desta mesma tarde do comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, establecerase o nivel medio de restricións no concello de Xinzo de Limia.

Con trece casos positivos a día de hoxe, e unha suba de seis casos nas últimas dúas semanas case constante con pequenas fluctuacións, a Xunta decidiu elevar o nivel de restricións de medio-baixo a medio.

O nivel medio de restricións que entrará en vigor na madrugada do venres, supón modificación dos aforos de hostalería, que pasarán dun 50 a un 30 por cento de aforo no interior e dun 75 a un 50 por cento en terrazas.

Concellos da contorna

Ningún outro concello da comarca da Limia sofre modificacións no seu nivel de restricións, que se manteñen no máis baixo. 

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo sobe ó nivel medio de restricións